Os novos atrancos ao TTIP traen alivio momentáneo ao sector agrario

Os novos atrancos ao TTIP traen alivio momentáneo ao sector agrario

09 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Os titulares das últimas xornadas arredor do TTIP, o Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos traen boas novas para todas aquelas persoas que veñen denunciando que a negociacion secreta entre Estados Unidos e a Unión Europea para establecer un novo marco comercial ía traer unha morea de consecuencias nocivas. A revelación por parte de Greenpeace de parte dos documentos desa negoci

O informe “O TTIP, sementando perdas para o sector agrario”, conclúe que o tratado comercial aumentará enormemente as importacións de produtos estadounidenses, mentres que os produtores da UE apenas se verán beneficiados polas exportacións. Os estudos diagnostican que a contribución da agricultura ao PIB europeo diminuiría un 0.8%. Con todo, a agricultura estadounidense verá aumentada a súa achega nun 1.9%, o que supón un beneficio neto de 4.000 millóns de euros para os intereses estadounidenses. Moitos agricultores en toda Europa terán que afrontar unha competencia máis forte e unha caída dos prezos percibidos, o que ameaza a viabilidade da agricultura ademais de afectar negativamente ás áreas rurais e os intereses dos consumidores, ao que se suma a perda de control na seguridade dos alimentos.

Segundo o informe, mentres as exportacións estadounidenses aumentan en practicamente todas as categorías alimentarias, en Europa cae a produción de arroz, trigo, cereais secundarios (como o millo), a froita, as noces, remolacha, bovino, porcino, etc. A supervivencia dalgúns sectores agrarios na súa totalidade está en xogo. É o caso da carne de vacún, un sector de gran importancia ambiental e social en Europa, no que predominan as explotacións a pequena escala con pastoreo tradicional. O propio Ministerio de Agricultura de EEUU predí caídas nos prezos percibidos polos agricultores europeos en todas as categorías de alimentos.

No informe tamén se desvela o ataque que representa o tratado contra as denominacións de orixe. No mesmo cuéstionase a énfase da Comisión Europea na protección das Denominacións de Orixe, xa que só tres países da UE Francia, Italia e Reino Unido sairían beneficiados polas exportacións, e só algúns produtos como o queixo a champaña ou o whisky. As denominacións de orixe son unha figura europea que protexen certos produtos vinculados ao territorio onde se producen, con todo, esta fórmula non se recoñece internacionalmente. Debido a isto os consumidores poderían atopar na súa tenda habitual queixo de Arzúa producido en Wisconsin ou viño do Ribeiro de California, denuncian dende Amigos da Terra.

Sociedade