Os outros antroidos

Os outros antroidos
21 de Febreiro, 2020 - 11:35 h. | Publicada por Radio Fene

O entroido chegou esta mañá aos centros escolares, antes de sair de vacacións ata o xoves da semana que ven. Os colexios saíron aos patios e ás rúas coas súas comparsas, cheas de cor. Ás 11 chegaban á praza Ramón Souto de Fene os alumnos-as de Centieiras.

O Entroido chega a Limodre este domingo 23. Choqueiros, ninjas e peliqueiros están convidados a participar no Carnaval con A Guagua. Haberá chiculatada. Este domingo ás cinco da tarde no local social de Limodre.

A Liga de Amigos de Barallobre adianta ao sabado 22 a celebración, empezando ás seis da tarde coa Maxia do Entroido con Leo-Leíño, un espectáculo interactivo e divertido para todos os públicos e que rematará cunha chiculatada para os pequenos. Os maiores terán a súa cea- baile ese mesmo dia a partir das dez da noite co típico cocido e un baile de disfraces posterior amenizado polo dúo Session. Apuntarse na cea no local social.

O CMI Unidade de Fene tamén escolleu mañá sabado para o seu baile de disfraces de adultos, a partir das 22h co trío “ mae de Caión” e premios ás mellores máscaras. O domingo 23, Fiestoke animará a festa infantil a partir da 17,30h.

O Centro Sociocomunitario de Fene organiza un concurso de filloas e orellas o luns de entroido, o dia 24 de febreiro. A persoa gañadora de cada categoría recibirá unha cesta que contén, costela, botelo, chourizos, lacón cachola e rabo de porco. Cada participante elixe en que categoria se inscribe, debendo presentar a concurso unha ducia de orellas ou de filloas. A elaboración faise no propio domicilio. A inscripcion, no propio Centro Sociocomunitario no Castro en Perlío. Pódese facer no teléfono 881 930 121.

Baile de Entroido en Caamouco. O grupo Albatros arrufará a velada na que se sorteará un estoxo de viño. As dez e media desta noite no local social A Tenencia de Caamouco en Redes. Tamén na Tenencia, mañá sábado baile infantil con animación musical e xogos de Ilusionarte. Sorteo dunha cesta de Entroido. Mañá sábado ás cinco da tarde en Caamouco. 

(imaxe ceip Centieiras esta mañá na praza Ramón Souto de Fene)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora