Os peregrinos do mar toman A Mariña este sábado

Os peregrinos do mar toman A Mariña este sábado

17 de Agosto, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Deputación de Lugo e o Clube Náutico de Foz organizan unha nova edición da Peregrinación Marítima de Cruceiros. Nesta quinta temporada a Peregrinación comprenderá bautismos de mar e unha regata para as embarcacións que desexen competir. Logo de se esgotaren as prazas nos barcos facilitados para seguir a xornada, a organización ten previsto dispor dos citados barcos para ofrecer ó público embarques duns 30 minutos na Ría de

Para participar nos embarques é necesario presentar o DNI, previo contacto co Clube Náutico. Para calquera tipo de dúbida con respecto da xornada a Organización facilita o teléfono 982133609 así como o correo electrónico info@cnfoz.es. Poderán atopar máis información na web www.deputacionlugo.org
As actividades rematarán no CENIMA, onde se celebrará, a partires das 20:30 horas, a tradicional entrega de agasallos institucionais ós participantes. Ademais, os tres primeiros clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos. Finalmente, as embarcacións partirán o domingo 18 dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.
Deportes