Os pioneiros do cine

Os pioneiros do cine
22 de Outubro, 2019 - 11:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os pioneiros do cine traballaron en Ferrol. Segundo o investigador Guillermo Escrigas, na cidade departamental filmouse unha botadura antes das que se consideraban ata o momento como primeiros traballos do cinematógrafo. Escrigas expoñerá todos os datos en torno a esas primeiras películas nun libro de próxima publicación.

ESCOITA O PODCAST:
Guillermo Escrigas nos estudios de Radio Fene

En maio de 1897 o cinematógrafo chegou á Coruña. Recollemos esta noticia da prensa:

Moita xente acudiu a pasada noite ao Circo coruñés para ver funcionar o cinematógrafo. Segue agradando a todos extraordinariamente este enxeñoso e celebrado aparato.
La Voz de Galicia. 7 de maio de 1897.

O 20 de xuño de 1897 o fotógrafo José Sellier rodou na Coruña unha película no enterro do xeneral Sánchez Bregua. A saída de misa da igrexa do Pilar de Zaragoza filmouse o 11 de outubro de 1897. Eduardo Gimeno mercara ese mesmo ano en Lyon un aparello Lumiere co que se realizou a filmación.
Películas conservadas
As imaxes da botadura do acoirazado Alfonso XIII en Ferrol, rodadas en 1913, son as primeiras conservadas de Galicia. A operadora Iberico Films realizou a película pero se descoñece a identidade dos cámaras. Ademais do buque aprécianse vistas da ría de Ferrol.
Os irmáns Lumiere inventaron o cinematógrafo, un aparato que servía para filmar e proxectar películas. Presentárono publicamente en decembro de 1895. Meses máis tarde a nova máquina chegaría a Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora