Os piratas asaltan a cociña do IES de Pontedeume

Os piratas asaltan a cociña do IES de Pontedeume

03 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IES Fraga do Eume, onde se imparte o ciclo de Hostelería organiza as I Xornadas de Gastronomía Pirata entre o 16 e o 19 de febreiro. Tratándose de piratas os menús elaboraránse a base de peixe e o marisco.

Os alumnos e alumnas prepararán os pratos baixo a batuta dun profesor que deseñará o menú, cada profesor un diferente. O deseño dos pratos terá que ver co mundo dos piratas: caliveiras, bandeiras, espadas, etc …lucirán nos pratos. Pero hai máis, o comedor decorarase con motivos piratas tamén, segundo nos conta o profesor do Instituto de hostelería de Pontedeume, Javier Santamaría.

O obxectivo destas I Xornadas de gastronomía pirata é fomentar a creatividade entre o alumnado, fomentar que teñen iniciativas na sua futura carreira profesional. Daquí a fin de curso non será a pirata a única modalidade culinaria, tamén barallan facer as xornadas de gastronomía cubana ou medieval.

Institucional