Os Premios María Casares xa teñen finalistas.

Os Premios María Casares xa teñen finalistas.

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) vén de anunciar os nomes dos finalistas aos XV Premios de Teatro María Casares. Once espectáculos contan con nomeados para os galardóns da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Máis de 150 profesionais do sector reuníronse na IV Festa dos Nomeados, onde se desvelaron os nomes dos finalistas."Un Cranio furado" foi a máis aclamada, con 10 nomeamentos.Os Premios entrégans

A cerimonia de proclamación celebrouse na IV Festa dos Nomeados, que reuniu a máis de 150 profesionais do sector nas instalacións anexas á sede da Asociación, ubicada en Ames. A actriz Mónica García conduciu o evento.

Un cranio furado, de Producións Teatráis Excéntricas obtivo 10 nomeamentos; e Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico, e As actas escuras, do Centro Dramático Galego, acadaron 7 cada unha. Son as obras que contan cun maior número de finalistas.

Life is a paripé, de Obras Públicas, e Volpone, de Talía Teatro, suman 4, mentres que Super8, de Voadora, obtivo 3 nomeamentos.

Trogloditas, de Tanxarina, e O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Sarabela Teatro, acadaron 2 nomeados.

1 posto de finalista foi, respectivamente, para A Nona, de Teatro do Morcego; Limpeza de sangue, de Espello Cóncavo; e Memorias das Memorias dun neno labrego, de Abrapalabra.

Deste xeito, 11 espectáculos, dos 37 que se presentaban acadaron algún posto de finalista para estes galardóns. En total, 425 profesionais das artes escénicas e audiovisuais eran aspirantes nalgunha das 13 categorías: mellor maquillaxe, mellor vestiario, mellor iluminación, mellor música orixinal, mellor adaptación- tradución, mellor texto orixinal, mellor escenografía, mellor actriz secundaria, mellor actor secundario, mellor actriz protagonista, mellor actor protagonista, mellor dirección e mellor espectáculo.

A cerimonia de entrega dos XV Premios María Casares será o vindeiro 23 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA, , Concello de Ames, Cadena Ser e TVG.

Sociedade