Os prexuizos do novo enlace co aeroporto de Peinador

Os prexuizos do novo enlace co aeroporto de Peinador

08 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común alerta dos prexuizos que a conexión da A-57 có aeroporto de Peinador e a rede arterial de Vigo vai provocar nos montes de Redondela e da área de Vigo. Tras coñecer a aprobación definitiva do estudio informativo da polémica variante que cruza os concellos de Pontevedra, Soutomaior e Redondela, esta Organización mostra o seu desacordo cun proxecto que desvertebra o m

O seu presidente, Xosé Alfredo Pereira, entende que unha vez máis estase a favorecer a construcción dunha autovía que vai en “prexuizo do patrimonio común dos galegos”. Ante a construcción desta infraestrutura non desbotan emprender diferentes accións. A primeira será solicitar a vindeira semana unha reunión con todos os grupos parlamentarios xa que, aínda que o trazado desta vía conte co respaldo de Fomento, o Consello de Xunta é quen debe decidir antes de expropiar si “é prevalente o monte comunal ou a autovía”.

 

Engaden que este proxecto “vai deteriorar en gran medida a recén inaugurada “Senda  da auga” obra financiada na meirande parte con fondos do PRODER II, e que tivo un custo de 180.000 €”, un roteiro de gran importancia paisaxística e medio ambiental que transcorre polas parroquias de Reboreda, Quintela e Saxamonde  casi  en paralelo coa autovía.

 

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes entenden que os montes que agora se van ver afectados por esta autovía, teñen un gran potencial social, económico e turístico para un concello como o de Redondela e a área de Vigo, potencial que se verá claramente mermado con esta obra. Tampouco se debe esquecer as funcións ecolóxicas que estes montes desempeñan, actuando como sumidoiro de CO2 e filtro da contaminación atmosférica. Tamén constitúen a principal reserva natural de auga subterránea, recurso fundamental en áreas tan densamente poboadas.

Sociedade