Os primeiros pasos da CNT

Os primeiros pasos da CNT

17 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Confederación Nacional do Traballo cumpre 100 anos. Ferrol foi desde comezos do século XX un dos puntos fortes do sindicalismo anarquista. Xa na segunda metade do XIX os principios libertarios contaban con seguidores na comarca.

Na década de 1910, coincidindo coa fundación da Confederación Nacional do Traballo, temos a primeira testemuña da actuación organizada en Ferrol de grupos anarquistas, herdeiros da tradición internacionalista do século anterior. Trátase de grupos reducidos que se reunen de xeito doado en calquera vivenda e inician un labor propagador da ideoloxia libertaria. Ademais actuan de xeito coordenado dentro dos fortes sindicatos de rama existentes na comarca. Nos anos 1912 e 1913 esta actividade ten repercusión na prensa. “La luz del obrero”, “El despertar”, “Cultura libertaria” ou “La batalla sindicalista” son algúns dos nomes das cabeceiras xurdidas na cidade departamental con claro matiz anarquista. A actividade libertaria fará fincapé en tradicionais reivindicacións como a reducción de xornada, o aumento salarial, a separación dos nenos e nenas da actividade laboral ou a mellor das condicións de traballo.

Sociedade