ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A agricultura e a gandaría ecolóxicas centran a segundo programa de Efecto Dinamo, unha iniciativa europea á que se sumaron 300 emisoras de sete países. Trátase dun espazo radiofónico pensado para abordar os asuntos relacionado coa sostibilidade: fogares eficientes, enerxías limpas ou a reciclaxe, entre outros.
Este proxecto parte da base de que cada unha das nosas accións diarias ten efectos e consecuencias sobre o medio ambiente. Nesa liña, cómpre reflexionar sobre o noso xeito de consumir e producir alimentos, o que se converte no tema protagonista deste segundo programa de Efecto Dinamo. Aqueles que queiran saber máis sobre a agricultura e gandería ecolóxica poden descargar o espazo desta páxina web ou escoitalo mañá venres no marco do magazine Arredor de nós.