Os recortes de Rajoy agudizaron a recesión

Os recortes de Rajoy agudizaron a recesión

28 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

"A Rajoy interésalle a coincidencia das eleccións galegas e vascas", afirmou esta mañá en Radiofusión o filósofo Antón Baamonde. "O goberno de Feijóo non soubo deseñar políticas de estímulo orientadas ao crecemento e os recortes na sanidade e na educación son moi similares ás das restantes comunidades autónomas" salientou o escritor de Vilalba.

"Os problemas económicos de España non se derivan do deficit público nin das administracións, senón da débeda dos grandes promotores inmobiliarios e dunha mala xestión dos bancos" sinalou Baamonde. Por iso a solución non vai vir do adelgazamento do sector público, ainda que este sexa necesario.

"Feijoo quere reducir as perdas, Rajoy despexar o horizonte para acometer os novos recortes, e por iso os dous intereses coincidiron para adiantar as eleccións" indica Baamonde, quen se amosa pesimista polo futuro a curto e medio prazo. 

 

Sociedade