Os recortes no PAC do Tarrío non son o único problema de Fene no comenzo de 2012

Os recortes no PAC do Tarrío non son o único problema de Fene no comenzo de 2012

03 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os reis Magos traen a primeira polémica do ano ao concello de Fene. Seis entidades veciñais e culturais non entenden que a cabalgata non os visite o dia 5 como era habitual todolos anos, ademáis de criticar, a través dun comunicado, que a decisión se adoptase de xeito unilateral, sen consultalos.

 Dende a Liga de Amigos de Barallobre,m O Pote de Maniños, Agarimo de Sillobre, as Asociacións veciñais de Limodre e Magalofes  e o CPS de San Valentín amosan o descontento porque queden moitos nenos-as sen a visita dos reis Magos ás suas parroquias, fora da zona urbana. O concelleiro do BNG, Xuventino Trigo referiuse esta mañán no espacio As Foxas a esta polémica, apoiando as razóns das entidades fenesas e calificando de “improvisación” o labor municipal neste eido.

O concello enmendou en parte este revés, favorecendo que os nenos e nenas de todalas parroquias poidan deixar os seus desexos a Melchor, Gaspar e Baltasar nos Buzóns Reais repartidos polas asociacións culturais e parroquiais. Será o mesmo día 5 de xaneiro cando os carteiros reais visiten as asociacións e recollan as cartas no seguinte horario:

16.30 Asociación de Veciños de Limodre
17.00 no Pote de Maniños
17.30 Centro de Promoción Social Liga de Amigos de Barallobre
18.00  Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Agarimo de Sillobre
18.30  Asociación de Veciños de San Xurxo de Magalofes

Tódalas cartas enviadas entregaránse na Casa do Concello as Súas Maxetades os Reis Magos de Oriente ao remate da cabalgata . Melchor, Gaspar e Baltasar chegan o xoves ás 6 da tarde a Perlío e dende Aguilar partirá a cabalgata ao longo da Avda Marqués de Figueroa, e da Rúa da Fraga  ata a Casa do Concello onde os Reis recibirán no salón de plenos aos nenos-as.  Esta semana o buzón instalado na entrada do concello recibe as últimas cartas que serán entregadas aos Reis o xoves durante a sua estancia no concello.
As cabalgatas sucéderanse por toda a comarca o víspera de Reis, pero nalgún barrio como o de Canido adiántanse e estarán xa esta tarde polas ruas e recibindo aos pequenos ás 6 da tarde no local veciñal.

Juventino Trigo en "As Foxas"

Volvendo á actualidade municipal, o BNG de Fene denuncia os recortes no Centro de saude  Tarrío. Recortes en personal sanitario e administratívo,que mermaron nos ultimos meses a calidade na asistencia aos usuarios-as do PAC que atende ademáis as urxencias de Ares e Mugardos. Denunciouno esta mañán no programa As Foxas, Juventino Trigo, quen anuncióu que elevarán a protesta ao Parlamento Galego.

Tamén neste comenzo de ano os nacioalistas botan en falta unha proposta do grupo de goberno de Orzamentos municipais para o 2012. Segundo Juventino Trigo, o pasado 23 de decembro os grupos mantiveron unha xuntanza na que os nacionalistas achegaron propostas pero a dia de hoxe, afirmou, non se sabe nada dos novos Orzamentos. O edil nacionalista, calificou a xestión do PP de “ pobre” , de momento.

Sociedade