Os reis dos Pinares e os paxes do Ramo

Os reis dos Pinares e os paxes do Ramo

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Perlío ten case asegurada nas súas vitrinas a copa da liga 2009-2010 tras o seu triunfo por tres tantos a cero no derby contra o Barallobre. Ademais o seu rival máis directo, o Maniños perdeu onte contra o Capela e xa gozan dunha distancia de nove puntos cos do Pote. Segundo o técnico do Perlío, Tito Dopico, atópanse nunha situación privilexiada cun plantel en forma para afrontar os 12 puntos que restan para a fin de tempada. Dependen de sí me

A outra cara da moeda deste encontro é para o Barallobre. Á derrota contra o Perlío súmase as victorias dos seus rivais que loitan pola salvación na categoría, Narahío, Somozas B e o Cariño. Amósanse preocupados e para o xogador e directivo dos do Ramo, Iván Mourente, o peor do choque contra o veciño foi a arbitraxe. Xogaron con dez homes pola eliminación de Iván. Aos de Javier Carpente sancionáronnos con 8 tarxetas amarelas e dúas vermellas.  

O xogador dos Pinares, Fornos, sentenciou o enfrontamento e colócase como pichichi da segunda autonómica.

Deportes