Os reis e os botes de Maniños

Os reis e os botes de Maniños
06 de Xaneiro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Os Reis, non os Magos, senón os reais, visitaron Ferrol en setembro do ano 1900. Acudiron para visitar varios buques de diferentes países atracados no porto. Participaron na visita real a raiña rexente María Cristina e Alfonso XIII, que, daquela era un mozo de quince anos, e que aínda non foi coroado ata o 1902.

Fotografia Xan Xe

Na honra da visita dos Reis organizáronse varias regatas, unha delas, denominada de botes mercantes. O xornal da data indica que só participaron dous botes de Maniños, patroneados por Antonio Lamas e Juan González. Resultou gañador o bote de Antonio Lamas, quen foi premiado con 50 pesetas. Foi en setembro do ano 1900.

 

Fotografía Xan Xe: Botes na ribeira de Perlío (Fene)

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora