Os sanitarios non son super heroes

O desgaste físico e mental pasa factura aos sanitarios á frente da Covid
18 de Novembro, 2020 - 10:44 h. | Publicada por Radio Fene

Os profesionais da psicoloxía levan tempo avisando que os sanitarios de primeira liña están sofrindo un desgate físico e mental. A falta de persoal nos hospitais lévaos a arrastrar unha carga da que deben tomar perspectiva e distanciarse.

ESCOITA O PODCAST:

Os profesionais sanitarios están sometidos a un desgaste físico e mental do que desde hai tempo están avisando os profesionais da psicoloxía, porque están en primeira liña de atención nesta crise sanitaria. É unha evidencia que os hospitais poden estar ben dotados de maquinaria pero faltan sanitarios. Durante o confinamento fomentouse a idea do super heroe. Utilizouse esa imaxe para reforzalos pero quizás é contraproducente porque eles non o poden ser, nin se senten como super heroes. Pregúntase o psicólogo José Barcia, que super heroe chega á casa e di que tivo un mal dia no traballo?

Os profesionais da psicoloxía como el, recomendan que se aparten un pouco e tomen perspectiva da situación que están vivíndo e que os está secuestrando. Distanciamento e aprender a dicir que non. “A desconexión absoluta non existe” recoñece Barcia, pero se todo o dia lees noticias sobre a Covid, se todo o dia a xente pregunta por iso, entras nun círculo vicioso que non axuda. “A procura do cambio de hábitos é moi necesaria” recomenda Barcia, asumir que o problema está aí pero ao mesmo tempo darse a prácticas que alivien e evadan dese círculo. A meditación, o mindfulness, o exercicio físico, a alimentación e o descanso poden axudar.

“Se nos deixamos levar polos pensamentos negativos, se nos deixamos ir, podemos desembocar nun estado de ánimo negativo. Cando accedemos ás redes sociais nos bombardean, nos enganchan de tal maneira que acaban envelenándote. “Cambiemos o foco e acudamos a outras noticias positivas”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora