ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sindicato Labrego Galego (SLG) agarda que o novo ministro “faga caso ás palabras de Rajoy durante o debate de investidura, nas que dixo que era necesario realizar as reformas para concluír coa inestabilidade das rendas dos agricultores”. Para iso, o sindicato considera que “só hai un camiño: unha PAC que estableza sistemas de control da produción para que a oferta se adecúe á demanda e non haxa excesos de produción que boten por ter
UU.AA.
Pola súa banda, Unións Agrarias (UU.AA.) tamén agarda que o novo ministro de Agricultura negocie “unha PAC xusta para os produtores galegos”. O sindicato confía tamén en que Arias Cañete “corrixa, tal e como se comprometeu durante a campaña electoral, o agravio comparativo que se está producindo dunhas comunidades perceptores de axudas sobre outras e duns sectores produtivos respecto doutros”. O secretario xeral de UUAA, Roberto García, reclama do novo ministro a “concreción inmediata" dos contidos normativos previstos no Paquete Lácteo” para que os novos contratos homologados poidan ser aplicados desde o próximo primeiro de abril, data de inicio da campaña láctea. García tamén espera que Arias Cañete convoque de inmediato ás organizacións agrarias a unha mesa de “diálogo construtivo”.
XX.AA.
O secretario xeral do sindicato Xóvenes Agricultores (XX.AA.), Francisco Bello, opina que o nomeamento de Miguel Arias Cañete como ministro de Agricultura foi “moi acertado”, porque coñece “perfecta e profundamente” a situación do campo español e coa súa presenza no Executivo o sector primario recuperará “peso político específico”. Segundo Xóvenes Agricultores, entre os obxectivos que ten que cumprir o novo ministro atópase unha vella reivindicación dos produtores e que coñece ben Arias Cañete, que é “unha repartición moito máis equilibrada de toda a cadea de valor, en todas as producións, pero en Galicia especialmente no sector lácteo”.