Os sindicatos CIG e UXT concentraranse mañá na sede do PPdeG en defensa das prazas do Consorcio Galego de Benestar

Os sindicatos CIG e UXT concentraranse mañá na sede do PPdeG en defensa das prazas do Consorcio Galego de Benestar

11 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os sindicatos CIG e UXT concentraranse mañá na sede do PPdeG en Santiago en protesta polas declaracións do presidente electo da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nas que manifestaba a súa intención de suprimir a convocatoria pública xa pactada de 338 plazas para o Consorcio Galego de Benestar e polas s&uacute

O secretario xeral da CIG-Ensino, Anxo Louzao, defendeu que a convocatoria de prazas “reúne tódolos requisitos” e “xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia” co aval das mesas sindicais, da Administración e dos catro comités de empresa do Consorcio Galego de Benestar. Neste sentido, recalcou que se trata dun proceso negociado e aprobado antes das eleccións dende os sindicatos que representan ao 86 por cento dos traballadores dese departamento autonómico. Ademáis, descartou o carácter politizado desa entidade e das reclamacións sindicais, e recordou que 120 concellos de diferente cor política se están a beneficiar das vantaxes do Consorcio, que representa máis de 1.000 postos de traballo que se perderían no caso da súa desaparición.Pola súa parte, o responsable de UXT en Pontevedra, Óscar Martínez, destacou que a pesar da dudosa xestión do Consorcio de Benestar, isto non supón excusa suficiente para a eliminación desta convocatoria, xa que, na súa opinión, resulta urxente e necesario loitar contra a inestabilidade laboral dos traballadores.

 

Sociedade