Os sindicatos urxen a negociación do Plan Industrial de Navantia

Os sindicatos urxen a negociación do Plan Industrial de Navantia

28 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os sindicatos agardan a chamada da dirección da empresa para comezar a negociación do Plan Industrial. Nos contactos deben asimesmo buscar un acordo en torno ao sistema retributivo, clasificación profisional e promocións internas.

Fontes sindicais indicaron a Radiofusión que o equipo directivo ultima nestas semanas a preparación de medidas de reorganización para a eliminación de perdas no ano 2010. Neste 2009, o presidente da SEPI Enrique Martinez Robles adiantou no Congreso dos Deputados que os números roxos chegarán aos 26 millóns de euros. As medidas económicas que impulsa o presidente de Navantia Aurelio Martínez pasan pola mellora na xestión empresarial, a centralización das compras e unha auditoria externa para localizar e correxir as desviacións do gasto con respeito ao presuposto. Os estaleiros públicos militares agrupados en Navantia contan con traballo garantido ata os anos 2012-2014.

Sociedade