Os soños de Alexandre Bóveda seguen sendo unha fantasía 73 anos despois da súa morte

Os soños de Alexandre Bóveda seguen sendo unha fantasía 73 anos despois da súa morte

17 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

17 de agosto, Día da Galiza Mártir e xornada na que a Fundación Alexandre Bóveda e os concellos de Pontevedra e Poio comparten, como todos os anos, os actos centrais desta celebración tan especial. Á unha da tarde tiña lugar a tradicional ofrenda floral no monumento en recordo a Alexandre Bóveda. Ás seis e media na capela do cemiterio de San Mauro, celeb

O 7 de xuño de 1903 viña ao mundo en Ourense Alexandre Bóveda, o motor do Partido Galeguista, segundo palabras do propio Castelao. Foi precisamente a súa ideoloxía o que o levou a ser fusilado polos sublevados ao comezo da Guerra Civil Española. En 1932 participou activamente na redacción do Estatuto de Autonomía e no 36 participou na campaña electoral á que acudiu como candidato da Fronte Popular pola provincia de Ourense. Non obstante, o 20 de xullo foi detido tralo triunfo da sublevación en Pontevedra, sendo encarcerado e despois xulgado por un delito de traizón. A sentencia condenouno a morte e foi executada o 17 de agosto no monte da Caeira, en Poio.

O Día da Galiza Mártir pecharase na praza de Curros Enríquez cun acto cívico ás oito e media da tarde organizado polo BNG fronte ao busto de Bóveda no que participará o voceiro nacional dos nacionalistas.

Oleiros tamén acollerá unha homenaxe que comezará sobre as seis da tarde cunha actuación musical e coas intervencións do presidente da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Roberto Catoira; o vicepresidente da Asociación Cultural Vieiros, Xosé Manuel Eirín; e a actriz Isabel Martínez Risco.

Neste acto aproveitarase a ocasión para honrar a memoria da Xaquín Taboada, un mártir local que tamén conta cun monumento na Praza da Liberdade de Nós.

Despois, ás oito da tarde, realizarán unha ofrenda floral ante o Monumento a Bóveda na Coruña, en Catro Camiños.

O Día da Galiza Mártir e a Fundación Alexandre Bóveda recoñece tamén neste 2009 o labor de estudo e divulgación da historia contemporánea de Galicia realizada polo profesor Xusto Beramendi González pola súa tarefa como conferenciante, por “colaborar na recuperación da memoria de moitas das vítimas da represión franquista” e sobre todo “como motivador do seu alumnado para desenvolver este traballo de investigación e difusión do noso pasado silenciado”.

Sociedade