Os socialistas, contra a suba do canon de Sogama

Os socialistas, contra a suba do canon de Sogama

11 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario provincial, Juan Carlos González Santín e os Alcaldes socialistas de Galicia e de Lugo participaron esta mañá na concentración en contra da suba do canon de SOGAMA. O PSOE rexeitou decididamente este incremento “que recae directamente nos veciños e que a Xunta carga nos Concellos”. Proba delo, é que os orzamentos autonómicos prev&eacute

Os socialistas acudiron á concentración na que lle pediron ao Goberno galego que retroceda na súa decisión e "deixe de enganar aos cidadáns" porque esta suba débese, única e exclusivamente, á decisión do Goberno Central de suprimir as primas para a xeración de enerxía renovable e á da Xunta de anular o plan do bipartito. É dicir, é unha decisión política a que causa este aumento.

Defenden os socialistas galegos que Galicia é unha potencia española en enerxía eólica, sen embargo, a causa da suspensións destas axudas en 2012 e da paralización da normativa autonómica, o sector afronta serios problemas. Lugo é unha das provincias máis prexudicadas, pois o 50% dos megawatios que quedan sen acceder a estas primas pertencen aos parques lugueses. Con esta supresión, só en investimentos directos, en Lugo perderanse 2,1 millóns de euros, en plans industriais asociados outros 2 millóns e, en materia de emprego, tal e como recoñecen os expertos, destruiranse 6.000 postos de traballo.

Como repercute o canon na provincia

Con este “novo imposto”, que entrou en vigor este mesmo mes e que supón un aumento do 34%, os cidadáns da provincia vense obrigados a pagar cada ano preto de 1,7 millóns de euros. Trátase da maior suba da historia que experimenta a xestión do lixo; unha decisión que o Executivo de Feijóo adoptou, por vontade propia, e que supón un incremento de 12 euros por tonelada tratada.

Sociedade