Os sonos frustrados de Señora de

Os sonos frustrados de Señora de

29 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O programa “Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada”, que se celebrará ata o 27 de abril, arrinca esta tarde coa proxección do documental de Patricia Ferreira “Señora de”, e continúa o mércores coa mesa redonda “Muller e Memoria”. Ambos actos serán ás 19.30 horas na Fundación Novacaixagalicia de Ferrol e enmárcanse neste ciclo que adica un apartado esp

"Señora de" amosa as testemuñas de varias xeracións de mulleres ás que a historia nen siquera lles permitíu soñar. O único que puideron facer foi resignarse e aceptar que naceron noutra época na que as súas voces, os seus desexos e incluso os seus pensamentos foron silenciados. Mulleres da cidade e do campo, do mar e da terra adentro, que se enfrontan aos seus recordos e falan por primeira vez do que foi a súa vida, de hábitos hoxe intolerables na sociedade occidental, pero que constituían a vida das mulleres na historia recente de Galicia e España”. Participarán neste acto tres das súas protagonistas: Romana San Luís, Ana María Blanco e Filomena Fraga, ademais da entrevistadora e representante da produtora da película “O Raio Verde”. Despois da proxección falarán da súa experiencia nun acto conducido pola escritora Carmen Blanco.  

Mañá mércores estarán en Ferrol tres investigadoras de referencia no ámbito da historia da mulller para participar na mesa “Muller e memoria”. Son Aurora Marco, Mary Nash e María Jesús Souto quenes abordarán a política de xénero do franquismo e a ruptura que supuxo respecto aos avances acadados na República, e as consecuencias que a guerra e a ditadura supuxeron para as mulleres.  

Aurora Marco é catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura galega da USC e autora de investigacións sobre as mulleres guerrilleiras e exiliadas en Galicia. Pola súa banda, Mary Nashé catedrática de Historia Contemporánea na Universidad de Barcelona e presidenta e Fundadora da Asociación Española de Investigación en Historia das Mulleres. María Jesús Souto Blanco é Doutora en Historia Contemporánea na USC e coordinadora do Proxecto interuniversitario “Nomes e Voces” e está especializada no estudo da represión franquista. Moderará o acto Sari Alabau, concelleira de EU no Concello de Ferrol e profesora.

Cultura