Os tempos para a lírica de Virginia Woolf

Os tempos para a lírica de Virginia Woolf

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Quen dixo que non son tempos para a lírica? En Neda comezan as VII Xornadas Literarias adicadas á escritora e feminista inglesa Virginia Wolff. Quizais o mellor punto de partida para achegarse á personalidade e á obra de Virginia Woolf é o seu ensaio Un Cuarto de Seu, un conxunto de relatorios no que ligaba a posibilidade de existencia dunha literatura feita por mulleres á súa inde

Woolf defende que o xenio literario non é un don natural, senón o resultado dunhas condicións sociais concretas. O libro da nome ás dúas mesas redondas nas que, esta tarde e a de mañan venres, profesores e tradutores debaterán na Casa da Cultura de Neda a obra e a personalidade da autora, sen dúbida unha das máis fascinantes do século XX.

 

O acto de apertura, presidido polo alcalde Ignacio Cabezón, está previsto ás 5. A primeira mesa coloquio está formada pola profersora de filoloxía inglesa Manuela Palacios; o programador do CGAI, José Manuel Sande e a escritora e profesora da Universidade de Vigo, Purificación Mayobre. O Club de lectura do IES Fernando Esquio pechará o acto cunha lectura de textos da escritora homenaxeada e ao final soará na Casa da cultura de Neda a musica inglesa do século XX cun concerto de clarinete e piano a cargo de José Luís Vázquez Lorenzo e Andrés Pazos.

Cultura