Os tractores peregrinan polo Camiño Real

Os tractores peregrinan polo Camiño Real

20 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A Deputación de Lugo impulsa as rutas xacobeas da provincia coa peregrinación de tractores polo Camiño Real este domingo. A institución elaborou o material informativo desta iniciativa, sumando esforzos cos colectivos organizadores para recuperar esta ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerario. A colaboración do organismo provincial enmárcase na súa aposta pola promoci&oa

A Deputación de Lugo colabora coa “Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica” (AGAMAC) e o Grupo de Desenvolvemento Rural “Os Sete Castros” na organización, este vindeiro domingo, da Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real. O organismo provincial elaborou material informativo desta iniciativa, tamén apoiadoa polos Concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Triacastela, Láncara, O Corgo e Lugo. Con esta peregrinaxe, estes colectivos e institucións luguesas buscan recuperar esta antiga ruta xacobea e promocionar os recursos agrónomos, culturais e turísticos, que se inclúen no seu itinerario. A Deputación continúa, deste xeito, impulsando os máis de 800 quilómetros de peregrinación que discorren pola provincia para xerar riqueza en Lugo.  

Na actualidade, o Camiño Real atópase en fase de estudio, ó igual que outros treitos do Camiño Inglés, á espera de determinar, empíricamente, o seu trazado exacto a pesares dos esforzos, neste senso, de intelectuais coma o antigo cronista de Sarria, Felix López, ou Elías Valiña. Segundo os estudos realizados, as súas orixes atópanse no chamado “Camiño Antigo” ou “Camiño dos romanos”, que data precisamente desta época, e permitía ós viaxeiros e comerciantes trasladarse por todo o país.

É moi posible que formara parte dun dos trazados orixinais do Camiño de Santiago. De feito, aínda que hoxe existen outras rutas máis transitables, son varios os trazados do Camiño Real que seguen hoxe en día os peregriños. Une os Camiños Francés e Primitivo. Parte de Pedrafita, transcorrendo por este Concello, así como polo das Nogais, Láncara, O Corgo e Lugo, atravesando lugares emblemáticos como o Mazo de Santa Comba.  

Ruta en tractor
A Peregrinaxe de Tractores Clásicos polo Camiño Real arrincará ás 10:00 horas da mañá do domingo, 24 de febreiro, da parrroquia de Padornelo, en Pedrafita. Tres horas máis tarde, os participante chegarán a Carracedo, en Láncara, onde xantarán na esplanada da antiga Casa Consistorial deste municipio. Sobre as 15:00 horas, a peregrinación continuará ata o Pazo de Feira e Congresos da capital lucense, escenario dun coloquio sobre esta iniciativa. Concretamente, o itenaro transcorre por Padornelo (Pedrafita); Casa Chancia e As Cruces (As Nogais); Meizarán, Cruce Chao de Estacas, Alto de Albela e O Furco (Triacastela); A Armada, A Esfarrapa, Galgos, Carracedo, Lama-Corveira (Láncara); Ponte do Lago, Ponte da Torre, Marey e Hospital (O Corgo); Mazo de Santa Comba, Conturiz, Tolda de Castela e Pazo de Feira e Congresos (Lugo).  

Sociedade