Os tres grupos municipais da oposición apoian a conxelación das ordenanzas fiscais

Os tres grupos municipais da oposición apoian a conxelación das ordenanzas fiscais

23 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os grupos do BNG e EU de Fene amósanse dacordo coas ordenanzas fiscais propostas polo goberno municipal. Non así o grupo Popular que se abstivo na Comisión celebrada onte. Os grupos da oposición coinciden, iso sí, en non incrementar as taxas dos veciños dado o momento de crise que se está a vivir.

Segundo o voceiro do BNG de Fene, Manuel Polo, trátase dunha proposta consensuada co seu grupo. Repítense as taxas do ano pasado agás o IBI da autopista e o da circulación de automóbiles ´sen carné, que se inclúen como informou  o Concelleiro de Facenda, o socialista Manuel Rodríguez Carballeira.  Por outra banda, Polo sinala que se debe actualizar e estudar impostos como os do lixo o da auga por se é necesaria unha subida.

A mesma postura adoita Esquerda Unida. O seu voceiro, Manuel Sánchez, sinala que a incorporación no imposto de circulación dos vehículos sen carné, como quads ou caravanas é completamente lóxico e deben dar contas como o resto. Dá o seu respaldo as ordenanzas fiscais, porque esta conxelación atenúa un pouco a situación de crise nos que nos atopamos.

O PP foi o único grupo que se abstivo na comisión arredor das ordenanzas fiscais. O seu voceiro Gumersindo galego sinalou que non están dacordo con nengún tipo de subida aínda que sexa mínima . Galego sinala que a proposta do goberno municipal real era unha suba de taxas e tiveron que cambiar a súa decisión. Dá un exemplo , os socialistas quería subir un 5% o imposto do lixo. Queda agora ver si votan a favor ou en contra no Pleno Extraordinario que se celebrará o vindeiro luns para aprobar estas ordenanzas.

Os tres voceiros municipais da oposición sí coinciden en reseñar que agardan do goberno municipal que a posta en marcha dos orzamentos 2010 sexa un verdadeiro impulso das partidas orzamentarias, que haxa negociación e non "medias verdades".

Institucional