Os tribunais terán que desatorar as chemineas das térmicas galegas

Os tribunais terán que desatorar as chemineas das térmicas galegas

11 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Non afecta, pero si. Non supón o cesamento da actividade nas centrais, pero si. Vaise compensar de xeito apropiado ás Pontes e Meirama, pero non. Así, con declaracións contraditorias, segundo procedan de Madrid ou Galicia, segundo sexan dun partido político ou doutro, provocan que o lume que agroma das cheminais das térmicas galegas se vai sufocando. O real decreto do carbón dálle aire á minaría das comarcas asturianas ou leonesas, mais r

Os concellos d'As Pontes e de Cerceda están dispostos a presentar recursos contencioso-administrativos contra o real decreto do carbón perante o Tribunal Supremo, tal e como xa fixeron as empresas eléctricas Endesa, Iberdrola e Gas Natural Fenosa, e como teñen decidido xa a Xunta e o sindicato CIG. É a reacción dos rexedores socialistas ao encontro mantido esta semana co Ministerio de Industria e que cualificaron de “decepcionante”. As garantías requiridas antes da xuntanza de que as centrais térmicas galegas manterán a súa actividade malia os prexuízos que lles supón a nova norma non se produciron. O secretario de Estado da Enerxía, Pedro Marín, evitou ofrecer as compensacións que se lle reclamaban dende Galicia. Si declarou que tanto a factoría pontesa como a de Meirama “son imprescindibles a medio e longo prazo” para o sistema enerxético español, ademais de resultar “as máis eficientes”, polo que “non van pechar”. Como resposta máis práctica, Marín explicou que malia que as centrais de carbón español poderían producir o 15 por cento da enerxía para o mercado eléctrico, tan só chegarán ao 6 por cento, polo que o impacto será menor nas fábricas galegas que empregan carbón foráneo. Ademais, insistiu en que esta situación provocada polo decreto é “por tempo limitado”, até o 2014. 
A falla de concreción dunha resposta satisfactoria para os intereses industrias galegos amolou nas comarcas afectadas, onde os traballadores das centrais anuncian novas mobilizacións. Polo de agora, o peche do goberno local e do colectivo de camioneiros que transportan o carbón no consistorio d'As Pontes vaise prolongar. A Plataforma contra o decreto do carbón mantén un calendario de protestas en Ferrolterra para forzar unha mudanza nos actuais termos do decreto, que segundo un dos voceiros do colectivo, Fernando Branco, supón sen dúbida a paralización das centrais.
A asesoría xurídica da Xunta ultima os detalles do recurso que vai interpor ante o Tribunal de Luxemburgo para defensa das comunidades e que se engadirá ao que elevará ao Tribunal Supremo. O conselleiro de Industria, Javier Guerra, explicou que se o Goberno central non quere falar directamente do decreto do carbón coa Administración autonómica “nos verá nos tribunais”. Unha cousa en claro tirou Guerra das manifestacións do Secretario de Estado de Enerxía: agora xa recoñece que a norma afecta a Galicia. Tan só resta que ofreza solucións, resolveu. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, coida que o Executivo central é “sectario e non igualitario” e non se dá conta de que “Galicia entrou na Unión Europea o mesmo día que o resto de España”. Feijóo fala de desprezos reiterados á economía galega, e puxo como exemplos a situación do sector lácteo e dos estaleiros. A norma, asegura, “non supón unha reconversión, senón un desmantelamento” da industria do carbón en Galicia. 
A oferta do Estado de rebaixar ao 6 por cento a cota de produción eléctrica con carbón autóctono é “insuficiente” para a economía de Galicia, segundo o voceiro do BNG nas Cortes, Francisco Jorquera. Volveu formular como a mellor alternativa que as consecuencias da cota reservada para carbón estatal se distribúa tamén entre outras tecnoloxías, como as centrais nucleares e hidroeléctricas, e non só nas factorías que, como as galegas, queiman hulla de importación. 
Sociedade