Os universitarios galegos non queren que os “apadriñen” con esmolas

Os universitarios galegos non queren que os “apadriñen” con esmolas

06 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A Universidade loce hoxe as mellores galas. Inaugúrase en Compostela, no Pazo de Fonseca, cun acto solemne, o Curso Académico 2013-2014. Mais as togas sofren a ameaza das tesoiras que media hora antes da cerimonia, se concentraron xa na Praza do Obradoiro para denunciar que tanto recorte vai deixar á Universidade pública convertida nuns farrapos. Unha listaxe enorme de asociacións sindicais, docentes, estudantís e persoal laboral das tres universidades galegas escen

A presidenta dos reitores e xestora da Universidade de Málaga, Adelaida de la Calle, anunciou a creación un programa de doazóns privadas para que os universitarios sen recursos poidan seguir estudando. A medida de que particulares poidan “apadriñar” alumnos está a ser estudada xa con interese por outros centros como a Complutense de Madrid, segundo informou o xornal El País. Perante esta posibilidade, a voceira dos Comités expón “non se debe resolver o dereito a estudar pedindo esmola a ninguén, senón que se nos ten que conceder a nós sen unhas taxas tan altas e unhas imposicións para as bolsas máis complicadas”.

Arredor de 400 estudantes da Universidade da Coruña tiveron que devolver as súas bolsas e, malia as promesas do ministerio de Educación, segundo Mónica Martínez “non se priorizan criterios económicos, senón académicos” para a concesión doutras novas. Ademais, quéixase, “reduciuse a contía básica de 3.000 euros a 1.500”.

Con todo, o estudantado é consciente de que os recortes na universidade pública non lle afectan só a eles. “A metade dos meus profesores de primeiro ano de carreira xa non están nin sequera traballando para a Universidade de Santiago”, salienta Mónica.

Sociedade