Os universitarios interesados no sistema de recollida de aceite

Os universitarios interesados no sistema de recollida de aceite

03 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Sistema de recollida de aceite doméstico que o Concello de Ordes ten implantado nas súas rúas esperta o interese duns estudiantes de Bioloxía da Universidade da Coruña. Seis estudantes de Bioloxía da Universidade de A Coruña contactaron co Concello de Ordes para recabar toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva que o Consistorio ordense implantou o pasado ano 2008 nas súas rúas.

Os estudantes están levando a cabo un proxecto de investigación sobre a recollida e xestión de graxas domésticas no que por medio do blogue "medioambiente virgen extra" documentan todo o proceso de investigación que levarán a cabo os próximos meses.  

Dende que o sistema de recollida de aceite doméstico se puxera en marcha o pasado ano 2008, na vila ordense lévanse xestionados máis de 5.800 kgs deste residuo o que conleva un beneficio ambiental de menos emisións de CO2 á atmósfera e de menos litros de auga contaminada. O edil de Medio Ambiente, Jesús Pedreira explicou que a reciclaxe sempre comenza pola concienciación e a intención por parte do cidadán, polo que o departamento municipal que dirixe leva a cabo de forma habitual campañas de sensibilización baixo o título "Tirar aceite polo vertedeiro contamina".  

Pedreira asegurou que se trata dun xesto co que gañamos todos e mostrou a súa satisfacción pola acollida que esta iniciativa está tendo “tanto entre os nosos veciños e veciñas, verdadeiros responsables do éxito desta recollida, como por parte dos estudiantes de bioloxía que mostraron un grande interese polo noso proxecto e a iniciativa lles serviu como exemplo de boas prácticas”.

Sociedade