Os usos da casa reitoral de Perlío

Os usos da casa reitoral de Perlío

16 de Setembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Arcebispado de Santiago deu unha resposta inicialmente positiva á cesión do usufructo da casa reitoral de Perlío para a súa utilización complementaria polo centro ocupacional da Asociación de Pais e Nais de nenos con problemas psicosociais. Aspaneps debe presentar agora unha memoria de usos e unha memoria técnica das obras que se deberían acometer na edificación.

A entidade pretende acondicionar o edificio como vivenda  para que o alumnado do centro ocupacional teña un lugar onde aprender a vivir con autonomía. O que se chaman vivendas tuteladas.
A rehabilitación da casa reitoral incluiría posiblemente a reposición do tellado, do piso e a modernización do seu interior. A Reitoral de Perlío leva vintecinco anos pechada e desta maneira tería un uso social.

Sociedade