Os vellos oficios volven

Os vellos oficios volven

31 de Xaneiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Serán cousas- causas da crise, pero asistimos nos últimos meses e semanas á apertura de novos negocios. Xente que traballou por conta allea, que quedou no paro, e que apostou por convertirse en autónoma. Unha aventura nova para os protagonistas que coñecemos nesta crónica. Montaron os seus negocios nun pequeño radio de acción, na parroquia de Perlío (concello de Fene) e, en dous dos casos, dase a circunstancia de que escolleron dous vellos

Imos coa primeira entrega. Manuel Ramos realmente sempre foi carpinteiro, pero a caída do sector da construcción abocouno ao paro. Tivo que reciclarse e fíxoo como zapateiro. Aprendeu dun dos mellores zapateiros de Santiago de Compostela, da “Zapatería Zafiro” e baixo a sua tutela abríu unha franquicia co mesmo nome na Avda Marqués de Figueroa nº 84 en Perlío, no antigo local de Cardón.  Reformou o espacio, botando man da sua profesión de carpinteiro e fixo un investimento en maquinaria de segunda man para abaratar custes.
Manuel, que ronda os 40 anos, repara todo tipo de zapatos e reproduce todo tipo de chaves, mesmo as especiais de coches e garaxes. Pero ademáis, vende productos relacionados co calzado; plantillas, betúns, etc... Zapatería Zafiro abríu as suas portas o luns 13 de xaneiro de 2014 e como estamos en tempo de rebaixas, fíxoo con descontos do 20%. Os seus veciños-as xa lle deron traballo nestes duas semanas pero prepara unha campaña publicitaria para darse a coñecer nun radio de acción máis amplo. De momento todo ben, non hai queixa.

Na mesma Avda Marqués de Figueroa, no nº 37 , o día 2 de xaneiro, recén estreado o ano 2014, abríu a porta dos eu negocio, Ana Mª Piñeiro Sanjuán. No cartel, duas palabras “Arreglos ANA” dedicado a calquer traballo imaxinable na roupa. Ana ronda os 50 anos e detrás deixa unha vida profesional de modista por conta allea en diferentes fábricas textís. Tralo último peche e esgotado o paro, decidíu probar sorte como autónoma, facendo o que mellor sabe, coser.
Arreglos ANA ten dous espacios. No primeiro onde recibe á clientela e cose diante dela máis un coqueto probador, e outro posterior onde corta e plancha. Amáis dos arreglos, Ana tamén fai prendas novas por encargo. E dáselle moi ben todo o que se relaciona coa roupa de bebés. No momento da entrevista Ana cosía nun encargo curioso; a elaboración dun xogo de sabas branco. No fondo colgados, varios abrigos e chaquetóns  que agardaban unha reforma para vovler estar de moda.
Seguro que lle irá ben porque volvemos a fabricar a man cousas que non hai tanto tempo comprabamos sen reparar.

Tamén quedou no paro Vicente Veiga que traballaba como administrativo dunha empresa de construción. Decidiuse por probar sorte no sector comercial e abriu Perla, Multiprecios e papelería, un establecemento estratexicamente situado nas proximidades dos colexios Jorge Juan e Centieiras de Perlío. Papelería, agasallo barato, xoguetes, libros, produtos do fogar. Todo o que se pode atopar nun bazar tamén se ofrece nas estanterías de Perla, multiprecios.

O cuarto negocio, aberto o pasado 5 de xaneiro, denomínase “MIGAS” Panadería, cafetería, pastelería. É o negocio aberto por outra muller, Manoli Fernández, no nº 88 da Avda Marqués de Figueroa, en Perlío, onde hai anos estaba a cafetería Roma.  Cando se entra en Migas distínguense dous espacios: á dereita a panadería e á esquerda a cafetería. Unha luminosa cor  laranxa domina o espacio no que Manoli sí tivo que facer un investimento que, recoñece, saíu máis caro do previsto. É o único dos tres negocios que precisou crear un posto de traballo a tempo completo e probablemente no futuro outro máis a tempo parcial. A propietaria adicábase xa á panadería, a cafetería é novo para ella. A vocación do Migas é, segundo a propietaria, reunir a xente de todalas idades no seu interior e ofrecer cousas ricas e novidosas.

Haber hai para todos os gustos, dende un quente chiculate con nata ata uns fríos e deliciosos frappes e smoothies. Vistosos son tamén os cupcakes que se poden encargar en cantidade para festas e banquetes. Migas chegou a Perlío cos Reis Magos. Por diante pasou a cabalgata o día da apertura. Que o ouro, incienso e mirra bendigan o novo soño empresarial de Manoli.

Sociedade