Os veraneantes contarán con mellores accesos aos areais de Limodre

Os veraneantes contarán con mellores accesos aos areais de Limodre

10 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As obras de adecentamento do camiño de acceso ás praias de Limodre xa son unha realidade. Os traballos incluirán o desbroce, a limpeza de cunetas e dous regos asfálticos. Os traballos que se acometerán pola Concellería de Servizos de Fene, mellorarán unha estrada que nos meses de verán sofre un aumento de usuarios.

Continuando cos traballos que se están a realizar dende a Concellería de Servizos, O edil José Antonio López   anunciaba a pasada semana  o amaño do camiño de acceso ás praias de Limodre. Segundo López a estrada atópase en bastante mal estado e o seu adecentamenro é prioritario e necesario nestes meses de verán no que o seu uso aumenta.
 
Descoñécese a data concreta dos inicios das obras que incluirán un desbroce previo e dous regos asfálticos que mellore o firme do camiño. O vial a amañar é o que chega á Praia de Río Sandeo e á de Río Castro. Nesta última transcorren parte das obras da EDAR polo que  está en negociacións coa empresa adxudicataria destas obras o asfaltado da mesma. Seguindo coas tarefas de desbroce que comezaron en semanas anteriores continuarán durante todo o mes de agosto. Ata o de agora  desbrozáronse as parroquias de Fene e Magalofes. En Limodre empezarase a vindeira semana, seguida do resto das parroquias.

Sociedade