Os xóvenes preocúpanse pola sostentabilidade medioambiental

Os xóvenes preocúpanse pola sostentabilidade medioambiental

18 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Baixo o programa "Ordes SOStible" a concellería de Medio Ambiente de Ordes, segue a traballar en diferentes propostas que contribúan a unha maior educación ambiental dos veciños e veciñas do municipio, e nesta ocasión puxo en marcha un bloque de actividades fronte ao cambio climático. Así, na tarde de onte no Centro Comarcal de Ordes, foron un total de trinta alumnos e alumnas do IES Nº 1 os que participaron nun obradoiro promovido polo

Diferentes monitores encargáronse por medio dunha exposición, xogos interactivos e documentais de conducir diferentes dinámicas de grupo nas que os asistentes pasaron unha tarde divertida aprendendo cómo actuar de forma individual fronte ao cambio climático.  

Ademais, tamén no Centro Comarcal, dende o pasado luns e ata o vindeiro día 22 de xaneiro, está a disposición de todo aquel que queira visitala a exposición sobre cambio climático "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", facilitada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta. O horario para poder visitala é de 10 a 14 horas e de 17 a 19.30 horas de luns a venres e os sábados de 10 a 14 horas. Esta exposición pretende dar a coñecer o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia.

Desde o Concello de Ordes animan a todos os seus veciños a visitala.

Sociedade