Os xitanos están escolarizados pero aspiran a máis.

Os xitanos están escolarizados pero aspiran a máis.

08 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aldea Nova  acolleu durante esta xornada do sabado o V Encontro Galego de Estudantes Xitanos, no que uns 100 rapaces-as de toda Galicia, reflexionaron sobre o seu presente e futuro formativo. O concelleiro de Servizos Sociais e de Integración de Narón, Miguel Hermida, inaugurou o encontro ás 11 da mañán.A directora do Colexio San Xoan de Filgueira pechaba as intervencións da mañan cunha ponencia sobre o alumnado xitano no seu centro escolar.

O obxectivo da Xuntanza é crear un espacio de encontro e intercambio para as persoas xitanas que están cursando estudos reglados ou formación profesional, e intercambiar experiencias. Segundo poidemos sabor da man do coordinador provincial da Fundación do Secretariado Xitano de A Coruña, Gorka De Luis, na actualdiade a escolarización dos nenos e nenas xitanas en Galicia está nun 99%, pola contra, a asignatura pendente é o absentismo escolar.

Ese é o presente, mentras que o futuro pasa por conquerir a continuidade da formación dos xitanos-as nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI)para aspirar á normal entrada no mercado laboral. A xuntanza continuou cun xantar comunitario en Aldea Nova, e máis tarde coa realizacion de dinámicas de grupo e unha visita cultural guiada por Aldea Nova ata as 18horas.  

Sociedade