Os xogadores tamén teñen sentimentos

Os xogadores tamén teñen sentimentos
30 de Decembro, 2019 - 12:22 h. | Publicada por Radio Fene

“Os xogadores tamén teñen sentimentos” afirma o adestrador do Pote Manuel Freire. O técnico queixase da expulsión de dous xogadores na primeira parte do partido da Segunda Galicia de fútbol diante do Rápido de Neda.

ESCOITA O PODCAST:
Manel Freire, adestrador do Pote de Maniños

Freire gaba a implicación dos rapaces: “Estaban no campo de fútbol os 22 xogadores,  apoiando aos seus compañeiros”. O adestrador lembra os tres obxectivos do equipo nesta fase da competición: “Formación, formación e formación”.

Deportes

Publica o teu comentario agora