Os xuvenís suben o nivel

Os xuvenís suben o nivel
05 de Novembro, 2018 - 12:34 h. | Publicada por Radio Fene

Catro xogadores xuvenís acudiron convocados polo Maniños B para o partido de fútbol da Segunda Galicia xogado en San Sadurniño. Pablo, Brage, Codesido e Victor fixeron un bó papel e subiron o nivel, en palabras do adestrador Manel Freire.

ESCOITA O PODCAST:
Pablo, Brage, Codesido e Victor

O Maniños B empezou o partido replegado pero con orde. De feito na primeira media hora de encontro, o equipo local xenerou poucas ocasións. Pero no minuto trinta e catro chegou o primeiro tanto, dunha falta lateral. Antes do descenso o San Sadurniño de novo acertou na portería contraria e a partir de ahí o Maniños empezou a sofrir. O adestrador do equipo do Pote Manel Freire espera ofrecer un bó partido a vindeira xornada, fronte ao Estrella. Ningún dos dous conxuntos se xoga nada neste choque co que finalizará a primeira fase da Liga.

Deportes

Publica o teu comentario agora