ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Só dez días antes de cumprir 76 anos, Leonard Cohen ofrece mañá domingo un concerto en Ourense. O poeta, novelista e cantautor canadense repasará os temas do seu último disco Live In London, un percorrido polas cancións que marcaron os seus 40 anos de carreira e que foi gravado en directo en xullo de 2008 en Londres, no seu retorno aos escenarios despois de 15 anos.
Dende a súa volta aos escenarios en maio do 2008, Cohen deu ao redor de 200 concertos por todo o mundo. Agora, e despois de ingresar no Songwriters Hall of Fame de Nova York, volve aos escenarios cunha xira europea que fará parada na cidade das Burgas e que será o preludio do lanzamento no 2011 do seu novo traballo de estudio, sete anos despois de publicar Dear Heather. Ese novo disco que está influído, segundo o mesmo Cohen recoñeceu, por Bob Dylan, Judy Collins, Tom Waits e Van Morrison.
O concerto de Cohen comezará ás nove da noite de mañá e celebrarase no Pavillón Paco Paz da Cidade das Burgas.