Outro xeito de visitar Caaveiro

Outro xeito de visitar Caaveiro
31 de Agosto, 2020 - 12:48 h. | Publicada por Radio Fene

Outra forma de visitar o mosteiro de Caaveiro e as fragas do Eume. O Concello de Cabanas deseñou o produto “Camiños de Identidade”. Busca pór en valor a zona rural mediante a creación dun novo produto turístico que combine a riqueza do entorno natural, do patrimonio cultural e da produción artesá.

ESCOITA O PODCAST:
Subida ao mosteiro de Caaveiro

A proposta consiste na visita a pé ao cenobio a través dunha senda peonil que parte da igrexa de Soaserra. A idea é conxugar o ofrecemento de actividades para un grupo pequeno de xente coa achega á natureza, segundo o tenente de alcalde de Cabanas Iago Varela.
“Camiños de identidade” presentouse o pasado sábado. Colgouse na rede un vídeo arredor das fragas do Eume e da riqueza artesanal de Cabanas. Amósanse o traballo das fiandeiras de Lavandeira e Soaserra que se ocupan de fabricar un produto desde a ovella ata o calcetín. Búscanse alternativas para achegarse a pé e desde outros puntos ao mosteiro de Caaveiro. A etnografía, a artesanía, o patrimonio histórico, a ecoloxía e a natureza. Son propostas de achegamento ás fragas do Eume que nos presenta o Concello de Cabanas.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora