Ouvirmos recupera o universo de Avilés de Taramancos nunha fotobiografía sonora

Ouvirmos recupera o universo de Avilés de Taramancos nunha fotobiografía sonora

15 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A discográfica Ouvirmos presenta a Fotobiografía Sonora de Avilés de Taramancos, un volume conformado por un libro e dous discos que pretende compilar o universo persoal dun dos poetas fundamentais da nosa literatura. Inclúense nesta obra imaxes, recitados e poemas musicados.

O proxecto baséase en que a literatura, non só se pode ler, senón tamén mirar e oír. Está composto por dúas partes. A primeira delas, titulada Fotobiografía: a literatura para ollar, inclúe unha selección de máis de 100 imaxes introducidas polo fillo do escritor, Luís Avilés, e comentadas por Martín Veiga. O segundo dos volumes,

Rexistros Sonoros: a literatura para escoitar, está conformado por dous CD's nos que se recolle a voz do autor recitando os seus textos e poemas musicados por Rodrigo Romaní.

Segundo declarou en Radiofusión o xerente de Ouvirmos, Xosé Manuel Aldea, con este proxecto pretenden resituar no mundo da cultura dixital a un poeta “aínda por descubrir”. Antes da fotobiografía de Avilés de Taramancos, a discográfica editou tamén obras similares dedicadas a Manuel María e Celso Emilio Ferreiro.

Sociedade