Pérez Parallé ríase coa boca e cos ollos, segundo Siro López

Pérez Parallé ríase coa boca e cos ollos, segundo Siro López

06 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Parallé riase coa boca e cos ollos, segundo o humorista Siro López, amigo persoal do poeta do Penedo. O debuxante ferrolán salienta a elevada calidade literaria da poesia popular elaborada por Pérez Parallé.

Para Siro, esa foi unha opción conscente adoptada polo escritor para evadirse da “longa noite de pedra” do franquismo. O humorista tamén lembra o alcume de Perete, polo que o coñecian con agarimo en Barallobre. Perete é o demo, pero é o diaño bó da cultura tradicional galega, aquel do refrán: Deus é bo, pero o demo non é malo.

A asociación cultural Eiravella de Betanzos ven de publicar duas publicacións facsimiles de Parallé, recollendo os libros e poemas premiados nos Xogos Florais da cidade dos cabaleiros en 1960 e 1961. Chámanse Mariñanas e Lembranzas das Mariñas. O segundo ano Pérez Parallé levou o primeiro premio no concurso poético de Betanzos, sendo o segundo para Manuel María.

Cultura