Pódense dar as Mates en Galego?

Pódense dar as Mates en Galego?

03 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Podemos dar as clases en galego? Esa é unha das ponencias do V Congreso de Educación Matemática que a Asociación Galega de Profesores de Matemáticas celebrará en Ferrol o venres 25 e o sábado 26 de xuño. O xuiz da Fonsagrada, Luis Villares, impartirá esa charla.

500 profesores de Matemáticas xa asinaron unha carta dirixida á Consellería de Educación manifestando a súa vontade de continuar a impartir as súas clases en lingua galega. A Xunta de Galicia terá que resolver esa papeleta no verán antes do inicio do curso escolar. Segundo o denominado decreto do plurilingüismo, as matemáticas é unha das materias que se deben impartir en castelán ou en inglés.

Sociedade