Pablo García, de Arzúa, finalista do premio de novela Biblos-Pazos de Galicia

Pablo García, de Arzúa, finalista do premio de novela Biblos-Pazos de Galicia

20 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Pablo Garcia Martínez de Arzúa e Zeltia Regueiro Fuentes do Temple (Cambre A Coruña) son os finalistas do V Premio Biblos para novelistas menores de 25 anos. Os dous deberán presentar agora a súa proposta definitiva antes do 13 de xuño e o 10 de xullo terá lugar a tradicional cea literaria na que se fallará o premio na Casa Grande do Bachao.

Zeltia Regueiro Fuentes é finalista por segundo ano consecutivo deste certame, cunha obra que na pasada edición non tivera tempo de rematar dentro de prazo.Este ano será o xornalista e escritor Manuel Rivas quen actúe como titor do gañador/a. Recoñecido autor tanto nos eidos da creación en prosa e poética como no do ensaio, coñece desde moi novo o traballo coas palabras (aos quince anos xa andaba pola redacción de El Ideal Gallego) e preséntase como un candidato idóneo para asesorar o novo autor á hora de ultimar a súa obra.

 

O gañador poderá pasar todo o mes de outubro na Casa Grande do Bachao a gastos pagados, recibirá un ordenador persoal e a escultura creada para o premio polo artista Luís Loureira e titulada , ademais de contar coa titopría de Manuel Rivas que lle aconsellará posibles melloras no seu traballo. A obra rematada, que publicará a colección Mandaio e que será editada nunha edición especial en castelán para os clientes de fóra de Pazos de Galicia, deberá ser entregada antes de rematar o presente ano.O finalista que non acade o premio ten dereito a unha fin de semana para dúas persoas en un cuarto dobre dalgún dos establecementos que forman parte da rede de Pazos de Galicia.O xurado está integrado por Manuel Rivas, Jesús Flores, Berta Dávila e Tucho Calvo.

Cultura