Pachuzo e Castro

Arrancan as obras de acondicionamento dos camiños do Pachuzo e de Castro, en Perlío-Fene.
04 de Xuño, 2019 - 07:57 h. | Publicada por Radio Fene

A intervención conta cun orzamento superior aos 41.000 euros e finánciase con cargo ao superávit municipal. O prazo de execución será dun mes.

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, anunciou esta mañá o inicio dos traballos de acondicionamento dos camiños do Pachuzo e de Castro, na parroquia de Perlío. Unha intervención adxudicada en 41.750,08 euros que se financiará con cargo ao superávit municipal.

As obras arrancaban a semana pasada coa limpeza e desbroce de cunetas. A intervención estenderase ao longo de 630 metros, tramo no que se mellorará o firme con aglomerado, previa reparación de baches. Así mesmo, adecuaranse as marxes da estrada na zona das vivendas, mediante a pavimentación con formigón e, ademais da limpeza de cunetas, procederase á execución de 215 metros de cuneta de seguridade revestida de formigón.

A intervención conta cun orzamento superior aos 41.000 euros e finánciase con cargo ao superávit municipal. O prazo de execución é dun mes.

Acondicionamento do Camiño da Lameira (Maniños)

Nesta caso a intervención conta cun orzamento de 24.767,09 euros a financiar con cargo ao superávit. O Concello iniciou a semana pasada, coa limpeza de cunetas, as obras de acondicionamento do Camiño da Lameira, no tramo entre Piqueiro e Vrea, na parroquia de Maniños. A actuación, segundo explicou o alcalde, Gumersindo Galego, conta cun orzamento de 24.767,09 euros e financiarase con cargo ao superávit municipal. As obras contemplan a pavimentación do camiño ao longo de 403 metros, limpeza de cunetas e tarefas de sinalización.

Institucional

Publica o teu comentario agora