Paco Montero canta a Carvalho Calero

Os asistentes á presentación recibirán un exemplar de balde.
08 de Xaneiro, 2020 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

“Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero” o libro-cd que se presenta o venres 10 de xaneiro no teatro Jofre, coa asistencia do Secretario Xeral de Política Linguística e do Presidnete da Real Academia Galega.

O libro-disco “Paco Montero canta a Lumieira de Carvalho Calero”, será presentado o venres dia 10 ás 20:00 horas no Teatro Jofre. O acto contará coa participación do Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o Presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, o Concelleiro de Cultura, Antonio Golpe e a filla de Carvalho Calero, Mª Victoria Carballo-Calero Ramos.

Tralas intervencións dos convidados, acompañado polo grupo musical FERIATRICOS, e as cantoras Belén e L. Buche, Paco Montero protagonizará a gala musical interpretando una selección de poemas de Carvalho Calero musicados por el mesmo e que figuran no Libro-Cd, que será obsequiado aos asistentes, no decurso do acto no que colaboran a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Ferrol, a Real Academia Galega e o Club de Prensa de Ferrol.

A iniciativa do cantante ferrolán súmase a outras que se preparan diante da homenaxe ao profesor ferrolán o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

A asistencia ao acto de presentación e gratuíta e as entradas para a mesma poderán retirarse na billeteira do Teatro Jofre a partir de hoxe en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora