Pagou a pena e volverán

O seu prototipo foi valorado, no cómputo xeral, como o segundo mellor proxecto.
25 de Xuño, 2019 - 11:37 h. | Publicada por Radio Fene

O alumnado de Soldadura e Automoción do IES de Fene acadou o segundo premio do "Hiperbaric Challenge" de Burgos, onde competiron con 25 institutos do Estado.

ESCOITA O PODCAST:

Viaxaron a Burgos, pilotaron o seu prototipo desde o Castelo ata a Praza Maior na paza maior da cidade e voltaron co segundo premio no cómputo xeral do “Hiperbaric Challenge”. Falamos do alumnado de Soldadura e Automoción do IES de Fene, autores do proxecto que lles reportou o premio pero tamén unha experiencia inesquecible, tanto que repetirán o próximo curso, en palabras do profesor Juan Carlos Romero Montero e o alumno Gerardo Brage Ribera ( na imaxe) que nos acompañaron esta mañá na Fenestra de Radio Fene. Agradeceron o apoio das profesoras, Dulce, Fátima e María, na presentación do proxecto e do concello de Fene na intendencia da viaxe.

Un prototipo, un veículo de inercia de 1,30 metros de lonxitude e 90 cm de ancho, fabricado polo alumnado dos ciclos medios de Electromecánica de vehículos e de Soldadura e Caldereiría do centro de Barallobre, ven de acadar o segundo premio no "Hiperbaric Challenge" en Burgos a fin de semana pasada. O alumnado do IES Fene implicouse durante todo o curso neste proxecto que supuxo, amais do deseño e fabricación do vehículo, toda unha sorte de habilitades para recadar fondos, promocionandoo nos medios e creando unha empresa que demostre a viabilidade do coche que competiu con 25 prototipos doutros tantos institutos de todo o Estado.

O que se valora neste concurso son aspectos como o proxecto técnico, os valores sociais, o emprendemento empresarial ou a carreira final. A viaxe tivo todo tipo de sensacións; traballo en equipo, responsabilidade, humor, solidaridade, coñecemento, experiencia. Presentaronnos o proxecto ao inicio do curso e hoxe estiveron de novo con nos na Fenestra, para falarnos do resultado global e do premio acadado.

Institucional

Publica o teu comentario agora