Paixón polo fútbol: Maniños 2 - Meirás 1

Paixón polo fútbol: Maniños 2 - Meirás 1

08 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Moita emoción viiviuse esta tarde no campo do Pote en Maniños (Fene). O encontro aprazado do grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol disputouse diante de numeroso público que contemplou un auténtico partidazo, moi igualado. O tanteo final (2-1) permite ao Cultural Maniños sumar 3 novos puntos e achegarse ao lider, o Perlío.

Un gol de Marquitos adiantou ao Maniños no marcador, pero faltando 5 minutos para o remate Pitu igualou o partido. Xa no tempo de desconto, de novo Marquitos nunha xogada individual lanzou o balón ás redes e gañou tres puntos para o equipo do Pote.

O Cultural Maniños xogará o vindeiro domingo ás 4 da tarde contra o Galicia de Mugardos B, tamén no seu campo.

Deportes