A palabra de Paula Carballeira pode con 80 á vez.

A palabra de Paula Carballeira pode con 80 á vez.

02 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A autora fenesa, Paula Carballeira, cumpríu esta mañán con duas citas na comarca, promovidas polas equipas de Normalización lingüística. Asistíu a dous centros escolares a contar contos; a primeira cita foi ás 10,30 no colexio Centieiras de Perlío; a segunda no IES Sofía casanova de Ferrol, ás 12,30h.

O alumnado de educación Infatil de centieiras escoitou unha historia xaponesa, salpicada de cancións. Paula falou nada menos que para 80 nenos e nenas de entre 3 e 5 anosl. Segundo confesou á nosa radio, pode con  eles, utilizando algunha técnica secreta para mantelos sentados e atentos.

Despois trasladouse a Ferrol para cumprir coa segunda cita no Sofía Casanova. Neste centro o alumnado da ESO escoitou “Contos dos 3 amigos. Historias de arrepíos”. Paula Carballeira  realiza este tipo de actividades por toda Galiza. O panorama non está tan mal , a pesar da crise e dos recorte, confesou, grazas en boa medida aos pais e nais que manteñen a demanda, por outra parte "barata e asequible".

Sociedade