ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Servizos Sociais de Fene fan balance das actuacións realizadas durante a alarma sanitaria e que aínda son necesarias neste momento. Os estudantes da brecha dixital, as persoas maiores e as familias sen recursos foron e son a súa principal preocupación.
As familias sen recursos
ASPANEPS colabora cos Servizos Sociais de Fene doando os froitos da súa horta comunitaria para que se repartan entre as familias que reciben axuda alimentaria de parte da administración local. Leitugas, tomates ou patacas inclúense nos lotes que despois reparte a agrupación Dignidad entre o medio cento de familias que o necesitan. Fene estableceu un convenio recentemente con esta entidade, á vista de que a asociación Amigos de Galicia deixou de facer este cometido. Son entre 40 ou 50 as familias que, por un lado reciben un vale de compra que elas mesmas administran no supermercado, e por outro reciben estes produtos naturais e outros que completan unha dieta máis variada. “Onte mesmo pechouse a lista da semana con 40 familias ás que Dignidad reparte a domicilio entre o xoves e o venres” explica a concelleira responsable da área de Benestar Social, Mª Carmen Martínez, quen engade que durante todo o confinamento traballouse moi ben.
Wifi para os escolares
Martínez referiuse tamén á mocidade que terá no verán unha alternativa de ocio que está programando a técnica municipal baixo o epígrafe de “Mocidade activa”. Cos estudantes tamén os Servizos Sociais de Fene tiveron unha intervención moi relevante proporcionando ás familias con fillos escolarizados, que non dispuñan de material informático, os equipos necesarios para poder seguir as clases desde o domicilio. Dez familias de Fene benefícianse do wifi ata que remate o curso escolar. O concello asinou un contrato cunha compañía telefónica para dotalos deste servizo imprescindible durante a alarma sanitaria.
Axuda no fogar
Por outro lado, Fene recibiu máis de 3200 horas de axuda no fogar para atender aos maiores que o precisaron e aínda seguen necesitando durante esta pandemia. Isto deu cobertura a un total de 200 familias. Mª Carmen Martínez asegura que van precisar máis horas porque as familias non poden acceder aos centros de día onde estaban os seus maiores antes da crise porque seguen pechados ata setembro, segundo marcaron as autoridades sanitarias. Martínez informa dunhas axudas de 500€ destinadas a contratar persoas de axuda no fogar para atender aos maiores suplindo a carencia temporal dos centros de día. “Os Servizos Sociais non as xestionan, pero poden informarse alí”.
Os 42000 euros que recibiu este departamento municipal desde a Deputación -en axudas para gastos derivados da Covid19- empregáronse na contratación de persoal de reforzo, nas oficinas e para a axuda de recados á persoas maiores que pasaron soas todo o confinamento. Tamén serviron para a compra de material para a hixiene, desinfección e protección do persoal.
Publica o teu comentario agora