As Palilleiras de Ferrolterra volven o 12 de xuño a San Valentín

As Palilleiras de Ferrolterra volven o 12 de xuño a San Valentín

03 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Xuntanza de Palilleiras de San Valentín celebraráse finalmente o sábado 12 de xuño. A Asociación O Tadetas xunto coa escola de palilleiras do CPS de San Valentín (Fene A Coruña) organiza o evento collendo o relevo do Centro de Promoción Social.

A XV Xuntanza coincidirá ademais cunha Feira medieval e de artesanía que O Tadetas promoverá nos arredores do pavillón. O Tadetas comeza a enviar nesta xornada as cartas de invitación para participar na Xuntanza. Xa contan coa colaboración do Concello de Fene e agardan unha gran participación de palilleiras e de visitantes. Para a Feira de Artesanía xa contan con medio cento de postos comprometidos.

Sociedade