Pan para hoxe, fame para mañá

A protavoz do grupo municipal socialista de Fene, Mar Piñeiro, visita o espazo As Foxas por primeira vez.
24 de Setembro, 2019 - 10:17 h. | Publicada por Radio Fene

A portavoz do grupo municipal socialista de Fene, Mar Piñeiro, demanda ao goberno local que non tiren os cartos en obras mal feitas e pon como exemplo a última campaña de rebacheo. Son declaracións relaizadas no espazo As Foxas de Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Pan para hoxe, fame para mañá” Así resume a portavoz do grupo municipal socialista de Fene, Mar Piñeiro, a campaña de rebacheo que concluiu o concello de Fene dias atrás. Afirma que tal e como se fan as cousas é como tirar os cartos. Custou 40.000 euros pero o material utilizado vaise levantar e as fochancas volverán asomar como antes. “Tanto o material como o procedemento non son adecuados” afirma a voceira do PSOE.

No mesmo sentido pronunciase Piñeiro á hora de falar do rego asfáltico que se botará entre a rúa Travesa e Santa Ana para seguir adecentando o Camiño Inglés a Compostela, ao seu paso por Fene. A obra inclúese na segunda fase no Plan de Obras e Servizos da Deputación e custa 80.000 euros. Cando se aprobou en pleno, o PSOE recomendou modificar o espesor e incluir o control de calidade no proxecto, neste e nos futuros proxectos.

Piñeiro segue de perto tamén a prometida rotonda na N651 para dar saída á veciñanza de Santa Ana que quedou secuestrada tras as obras realizadas por Fomento na estrada nacional.

Nas Foxas falamos coa protavoz socialista dos parques de Fene e da teima porque cumplan coa normativa. Citou deficiencias no parque da Hortiña de Limodre, no peche da Praza Verde ou a falta da reforma na escola de Sillobre. Pero é máis que iso, Piñeiro defende uns parques “máis luminosos”.

Aludindo ao non funcionamento dos paneis solares da piscina municipal, Mar Piñeiro, calificou de deixadez esta e outras cousas do goberno local e citou como exemplo a propia casa do concello cuxo aspecto, declarou, “deixa moito que desexar ante os centos de pelegríns que pasan por diante” todos os dias.

Institucional

Publica o teu comentario agora