Panorama e París de Noia na cociña

Panorama e París de Noia na cociña

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nada mellor que o arrecendo dunha boa comida para arrastrar ao público a un lugar. Eso foi o que pensou o concello de Ferrol que esta mañá botou a andar as actividades de dinamización nos mercados municipais, cunha iniciativa do máis peculiar. Os vocalistas das orquestras París de Noia e Panorama, que esta noite inauguran o calendario de festexos do nadal, convertíronse en cociñeiros por unha mañá e prepararon -ao vivo, no mercado da M

A concelleira de Mercados, María López, e o xerente do mercado da Magdalena, Jacinto Huete, presentaron hoxe o calendario de actividades dinamizadoras que se van desenvolver nos tres mercados de titularidade municipal, o da Magdalena, o de Caranza e o de Recimil. O concello de Ferrol instalou este ano un novo modelo de alumeado interior con luces led de baixo consumo que será completado coa ambientación musical de panxoliñas que dará comenzo o sábado día 20. Ás doce da mañá do día 22 serán sorteados 30 lotes de productos navideños entre todos aqueles que, ata ese, día fagan as súas compras nos mercados. Para participar no sorteo basta con depositar o ticket de compra nos buzóns instalados para este fin.

No día de Noiteboa os mercados recibirán a visita de Papá Noel que percorrerá tódolos postos das instalacións repartindo lambetadas e agasallos e recollendo as peticións dos máis cativos. E o mesmo sucederá o día 5, cando os Reis Magos instalen os seus tronos nas plaza de abastos, para recoller as cartas coas peticións dos nenos. Xa pola tarde noite a tradicional cabalgata das súas maxestades contará este ano cunha carroza en representación dos 3 mercados municipais, na que participarán os fillos dos propietarios e vendedores.

O xerente do mercado da Magdalena, Jacinto Huete, manifestou a súa satisfacción polos resultados obtidos ata o de agora nesta campaña de Nadal, para a que prevén un aumento nas vendas do 10% en relación ao ano pasado. Animou asimesmo a tódolos cidadáns a mercar nos mercados tradicionais que este ano ofertan precios moi competitivos e materia prima de calidade excelente.

Sociedade