Panxoliñas para despedir a Sergio Bernal

Panxoliñas para despedir a Sergio Bernal

18 de Decembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Festival de Panxoliñas de Fene celébrase este sábado dia 21 de decembro. As rondallas Perla del Rio e Estrelecer e as corais CPS de San Valentín, Eterna Xuventude, Agarimo de Sillobre e O Pote de Maniños actuarán á partir das oito da tarde do sábado no Colexio A Xunqueira de San Valentin. A coral polifónica do CPS será a anfitriona do festival do 2013. Unha agrupación que despide ao que foi o seu director durante 24 anos, S

O directivo do CPS e membro da coral, Francisco Permuy, anunciou en Radio Fene que despedirán ao seu director durante 24 anos, que marcha fora daquí por razóns laborais, nunha cea no Restaurante Mundial o venres 27 de decembro. Sergio Bernal comenzou a dirixir a coral do CPS cando era moi novo. Segundo palabras de Francisco Permuy, é como un fillo para todolos compoñentes da agrupación. A nova directora, Miriam Fernández, xa ensaiou con eles as tres panxoliñas coas que a coral anfitriona pechará o concerto do sabado. Francisco Permuy aproveitou para pedir máis axuda ás agrupacións corais por parte do concello que "nos últimos anos rebaixou moito a subvención".

O XIII Festival de Panxoliñas Concello de Fene será o sabado 21 ás 20h, no colexio A Xunqueira de San Valentín.

Sociedade