Para amantes da boa cociña

Para amantes da boa cociña
13 de Novembro, 2019 - 11:50 h. | Publicada por Radio Fene

Para as persoas amantes da boa cociña. Touciño, picada de chourizo, ovo, pemento e revolto para o recheo da “fajita”. Niso consiste a “Fajita Don Quijote” tapa coa que a cafetería Lembranza participa no Certame de Tapas de Fene. Fana no momento, segundo explica Laura Cascallana.

ESCOITA O PODCAST:
Laura Cascallana. Cafetería Lembranza. Fene

“Non leva moito tempo a preparación previa, pero a montaxe é difícil á hora de servila ao cliente. Ese é un traballo máis laborioso” apunta. O duodécimo Certame de tapas de Fene celébrase aínda os dous seguintes fins de semana. Sérvese a “alta cociña en miniatura” os venres de oito da tarde a dez da noite, o sábados de unha do mediodía a tres da tarde e de oito a dez. Os domingos tamén se poden probar de unha do mediodía a tres da tarde. A tapa do concurso cobrarase a un euro cincuenta.

Sociedade

Publica o teu comentario agora